Hoxe alzamos a voz por Cambre máis de 40 entidades do tecido asociativo de Cambre, que traballamos en conxunto e sen partidismos:
Denunciamos o abandono total que sofre o noso municipio por parte de todos os partidos políticos e dos distintos estamentos e funcionariado do Estado.
Cambre está bloqueado, e este bloqueo pagámolo todos: veciñanza, clubs, asociacións e familias.

Non falamos de cores políticas.

Falamos do ben común, do futuro de Cambre e da necesidade de actuar con transparencia e unidade.
Necesitamos prazos reais, e nalgúns casos son de extrema urxencia.
Xa é hora de que todos se unan por un fin social, deixando ao carón intereses e diferenzas.
Cambre necesita solucións reais, non máis divisións.
Cada asociación de Cambre temos as nosas necesidades e dificultades propias, pero do mesmo xeito que pedimos unión e non división a todos os representantes políticos, mostramos a nosa unión e estamos dispostos a predicar co exemplo, e antepoñer as nosas necesidades propias por dúas que cremos que son de extremada urxencia, como son o caso de Sementeira e Club Ciclista Cambre, que se atopan ao borde da desaparición por non poder facer fronte ao pago de nóminas, seguros sociais, e/ou fichas federativas que deben dende a tempada 2023

Polo ben de todos.
Polo ben de Cambre.
E esa petición urxente non quita que desde O Sporting Cambre sigamos tendo e loitando polas nosas necesidades tales como:
1. Pago de subvencións pendientes
2. Mantemento urxente das instalacions do campo de fútbol.
3. Dar solución a situación económica ca empresa de limpeza/conserxes xa que temos que suministrar nos os productos de limpeza dende fai un tempo. Xa van moitos días que temos que abrir e cerrar nos o campo de fútbol xa que non dispoñemos de conserxes na instalación.
4. Instalación dos focos led que faltan en cada torre de iluminación.
#Cambre #UnidosPorCambre #Transparencia #CompromisoSocial #CambreMereceMás
