HISTORIA

 

O nacemento do fútbol sitúase nas illas británicas, a mediados do século XIX. Toda a marxe costeira bañado polo Atlántico, común aos ingleses, réndese ao influxo do novo deporte. Así, o que comeza como un xogo espontáneo convértese nunha forma de asociacionismo que, aproximadamente un século despois, pasou a ser un dos maiores fenómenos sociais do noso tempo.
En 1902 fúndase o Corunna e catro anos máis tarde, no Ximnasio Calvet, toma corpo o actual Deportivo, son os primeiros vestixios de fútbol oficial na cidade da Coruña.
Da capital pasa aos pobos limítrofes. Así, na vila de Cambre, do mesmo xeito que na área metropolitana da Coruña, empézanse a disputar os primeiros partidos, máis ou menos informais, contra os veraneantes que chegaban da capital. O Campo da Feira foi o primeiro e improvisado escenario de xogo no que se xuntaban os Cambreses.

Foi tal a afección que no ano 1915 créase un equipo de fútbol, o Cambridge F.C, servíndose de inspiración do nome da prestixiosa universidade inglesa, homenaxeando desta maneira, ao país inventor deste deporte.

O fervor asociacionista durante a segunda república axuda á creación dun club de fútbol asentado na sólida base dun papel. Os encontros deste novo equipo disputáronse no Campo da Castellana, escenario no que creceron moitas xeracións da vila.

A Guerra Civil é un período escuro para o país. Tal escuridade tamén se ve reflectida no fútbol, unha vez finalizada o Cambre Fútbol Club renova a súa actividade. Era o ano 1940. Pasa a xogar partidos no Campo do Cemiterio, anos mais tarde tamén o faría no Campo do Muíño.  O Cambre da postguerra adxudicouse numerosos títulos locais e gañouse o respecto dos seus adversarios grazas a súa esmerada técnica adquirida na disputa dos partidillos informais no Campo da Feira. Cambre sempre gustou do bó fútbol e é nesa época cando comeza a marcar un estilo que mantería con fidelidade durante toda a súa historia.

Dada a escaseza de medios económicos, a actividade no Cambre Club de Fútbol cesa a finais dos anos corenta.

No ano 1956 podemos localizar os primeiros  pasos do actual Sporting Cambre.

Unha vez constituída a xunta directiva, a primeira actuación foi a de conseguir un terreo no que xogar os partidos. Entre todas as posibilidades que se barallaron a que maior aceptación tivo foi o Campo da Castellana, un dos escenarios orixinarios do fútbol cambrés.
Un 18 de Xullo de 1957 inaugúrase o Campo da Castellana.

A Orixe do Sputnik

Sobre a tempada 67-68, os rusos levaran o primeiro astronauta ao espazo a bordo do sputnik. Coma se dun foguete tratásese, o Cambre voaba por encima dos seus rivais e pasou a ser coñecido como o Sputnik. “Ala Sputnik!” Gritaban desde a banda os afeccionados para arengar aos xogadores.

Nacen as escolas deportivas

En 1979 xestase unha ampliación do Cambre que marcará a súa historia posterior, o Sporting Cambre pasa a recibir aos nenos desde o dez anos, en lugar do catorce que viña facendo nese momento. Primeiro chegaron os equipos alevíns e infantís, máis tarde incorporaríanse os benxamins, uns bos anos máis tarde os prebenxamns e no ano 2011 créase a categoría de biberón, con nenos de 3 anos. Conseguindo desta maneira estar o club representado en todas as categorías.

Un Novo Campo de fútbol
Desde o Sporting Cambre abordouse o reto de abandonar o Campo da Castellana, que tiña de aluguer desde 1957 e completar a compra do terreo de até os actuais 23000 metros cadrados na Agra do Samosteiro e construír un novo campo de fútbol.
Co diñeiro que entre todos foron recadando, xa fose na organización das Festas de Reis, Entroidos, competicións de tiro ao prato, a Festa do Can, O Rock in Cambre, etc e tras moitos anos de incertezas e apuros, as distintas directivas bendixeron ao Sporting Cambre cunhas instalacións  dignas.

No ano 94 por fin inaugúrase o Campo de As Agras, de herba natural, convirtiendose no ano 2004 en campo de herba artificial pasando a propiedade municipal, terminando por construír as bancadas no ano 2010 e cambiando o seu nome a Campo Municipal “Dani Mallo” en honra ao canteirán do Sporting Cambre que xogou no Deportivo, chegando a gañar A liga, e ser un referente como deportista no municipio.

Bibliografía “Cambre e Sp Cambre, Século XX”