LOCAL SOCIAL


 

O Local Social de Quintán atópase situado a escasos metros do centro de Cambre, trátase dunhas instalacións recentemente restauradas polo propio club nas cales se realiza unha gran cantidade de actividades da sección cultural do Sporting Cambre, tales como monólogos, clases de baile, festas temáticas, entroido, San Xoán, etc.

No recinto atópase o Campo de Chave, onde o equipo do Sporting Cambre adestra e xoga os seus encontros oficiais.

A local conta cunha TV na cal os socios poden gozar de varios partidos de Primeira División ao longo do fin de semana, así mesmo, hai un futbolín, outro para os máis peques, unha mesa de billar, unha mesa de ping pong, dardos e varios xogos de mesa para o gozar do socio.

Este recinto é propiedade de todos os socios, e calquera membro pode solicitalo para o seu aluguer e celebrar nel o evento que desexe (aniversarios, comidas-ceas, reunións, etc). A local conta con mesas e cadeiras, ademais de dúas grellas exteriores.
Se desexa alugar o Local, consulte a calquera directivo ou mediante o formulario de contacto desta páxina web información sobre as condicións do aluguer e a dispoñibilidade do mesmo.

QUINTAN